As oficinas de Igualdade e Benestar sitúanse en diversos puntos de toda a xeografía galega. Ofertan os servizos e programas que desenvolve o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, sedes dos equipos de Igualdade, de Inclusión e do Plan da Infancia e da Adolescencia. Neles trabállase pola igualdade de xénero, inclusión social dos máis desfavorecidos e o apoio a educación familiar.
Entre os seus obxectivos principais atópanse:
- Impulso da educación familiar.
- Concienciar a sociedade sobre a diversidade familiar.
- Facilitar os procesos encamiñados a dar respostas integrais ás familias.
- Promover unha cobertura homoxénea e integral dos servizos públicos de apoio ás familias.
A oficina máis preto do centro da cidade atópase na rúa Ramón y Cajal, no número 1.
Para saber máis:


No hay comentarios:
Publicar un comentario