Para finalizar coas entradas anteriores adxuntaremos un mapa con todos os recursos comentados:
Escola Infantil Píntega
Blogue da Escola Infantil Píntega
domingo, 18 de noviembre de 2012
Punto de encontro familiar
Os Puntos de encontro familiar son recursos coa finalidade de facilitar o cumprimento do réxime de visitas e favorecer o dereito dos e das menores a relacionarse con ambos os proxenitores e coas súas familias. Así cumpren a súa función en situacións de separación ou divorcio.
Os tipos de intervención que realizan son:
- Intercambio de menores
- Visitas tuteladas.
- Visitas sen supervisión.
- Deseño e desenvolvemento dun programa psicosocioeducativo individualizado.
- Orientación e asesoramento familiar.
O Punto de encontro familiar máis cercano atópase na rúa Fonseca número 8, A Coruña:
Para saber máis:
Federación Galega de Puntos de Encontro Familiares
Residencias de tempo libre
As Residencias de tempo libre son complexos destinados ao disfrute do ocio e do lecer das familias que depende da consellería de Traballo e Benestar.
Estas Residencias ofertan:
- Para residentes: Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa.
- Para non residentes: Comedor para familiares e amigos dos residentes.
A estadías en época estival podena solicitar:
- As persoas maiores de idade, ou menores acompañadas dos proxenitores ou representantes legais, que teñan a súa residencia en territorio do Estado español.
- As galegas e galegos residentes no exterior.
Hai dúas Residencias deste tipo unha a do Carballiño en Ourense, na avenida de La Habana 79:
E outra a de Panxón na rúa Concepción Arenal, 8, Vigo, Pontevedra:
Para saber máis:
Residencias tempo libre
Consellería de Traballo e Benestar
Programa de Mediación Familiar
A mediación familiar é un procedemento de resolución de conflitos, extraxudicial e voluntario; que mediante a intervención dun profesional trata de axudar as parellas que tiveron ou teñen unha relación a resolver conflitos derivados da separación, nulidade, divorcio ou ruptura da relación, ofrecendolles unha solución.
Os seus obxectivos principais son:
- Tentar que a parella se separe do modo menos conflitivo posible.
- Axudar ás parellas a resolver os problemas derivados da separación.
O centro de Mediación Familiar máis cercano atópase en Ames, na rúa Xeixo 8:
Para saber máis:
Mediación Familiar
Programas de Atención ás Familias Monoparentais
Estes programas prestan o seu apoio as familias formadas por un único proxenitor con menores ao seu cargo. Os obxectivos que pretenden conseguir son:
- Potenciar a autonomía das familias monoparentais.
- Axudar á crianza dos menores.
- Promover a incorporación do responsable da familia ao mundo laboral.
- Prever situacións de risco social.
Na Coruña atopamos unha asociación de Asociación de Familias Monoparentais na rúa San Vicente, número 17.
Para saber máis:
Programas para a educación familiar
Estes programas pretenden detectar e anticiparte ás situacións de dificultade social, tentando dar ás familias as competencias necesarias para un axeitado exercicio das función familiares (autonomía, responsabilidade e participación social).
Os seus obxectivos principais son:- A intervención individualizada aos núcleos familiares en situación de risco.
- Un traballo continuado para tentar conseguir os obxectivos propostos con cada núcleo familiar.
- Establecer mecanismos de coordinación cos recursos e servizos existentes na zona.
Na rúa Enrique Mariñas poderemos atopar este servizo:
Para saber máis:
Servizo de canguros
O Servizo de Canguros está ofertado polo concello da Coruña. Pretende dar resposta a necesidade actual da conciliación da vida familiar e laboral. Funciona a través dunha empresa concesionaria.
As familias deben pedir este servizo cunha antelación mínima de 48 horas.
Pódese consultar no concello da Coruña:
Para saber máis:
Concello da Coruña
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)







